martes, 12 de mayo de 2020

Martes 12 de maio

Bos días, hoxe toca Lingua Galega e Inglés.

Se onte entrastes no Blogue de Dinamización da Lingua Galega mirariades que vos mandaron facer unhas tarefas. Pois ben, por se tedes algunha dúbida, o que tedes que facer ao longo desta semana e facer dous debuxo desas dúas páxinas que nos tocaron.
Das páxinas 6,7 tedes que facer un debuxo de dúas galiñas e das páxinas 8,9 un debuxo dun galo. Para facer os debuxos podedes utilizar as técnicas que queirades ( colorear con ceras, témpera, rotus.., pegar papel de cores, pegar plumas,...).
Cando teñades os dous debuxos tedes que enviarllo ao correo da profe Lucía, para iso tedes ata o 14 de maio. 
Ánimo, seguro que vos quedan un debuxos moi chulos!!!!


LINGUA GALEGA

Para primeiro:


  • Tarefa 17 (Comprensión lectora)
  • Tarefa 11 (Escritura) (A ficha para completar do exercicio 4 atópase na carpeta de plástico que está ao final do libro)
Para segundo:
  • Tarefa 25 (comprensión lectora) (A ficha de lectura está na carpeta de plástico que está ao final do libro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións ...