viernes, 12 de junio de 2020

Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións de verán. Como estes meses de confinamento traballastes un montón nas vosas casas quero darvos a noraboa polo voso esforzo e traballo diario, sodes uns campións e campionas, estou moi orgullosa de ser a vosa mestra.  A partir de  hoxe poderedes descansar,  pois ben o merecedes pero non vos olvidedes de ler un pouquiño todos os días.

FELICES VACACIÓNS!!!!  

406 mejores imágenes de Beso en 2020 | Gifs de besos, Imagenes de ...

Para rematar a semana imos facer matemáticas e plástica.

MATEMÁTICAS

Para primeiro:
  • Resolución de problemas: Ficha 22
  • Cálculo y operaciones: Ficha 23

Para segundo:
  • Resolución de problemas: Ficha 23
  • Cálculo y operaciones: Ficha 28

PLÁSTICA
Para facer as tarefas de Plástica so tedes que pinchar aquí   PLÁSTICA.

jueves, 11 de junio de 2020

Xoves 11 de xuño

Bos días hoxe imos facer Sociais e Educación Física.


SOCIAIS


  • Para primeiro: páxinas 94, 95, 98 e 99

  • Para segundo: páxinas 94, 96 e 97

EDUCACIÓN FÍSICA
Coma sempre pincha aquí   BLOGUE E.F.    para poder facer as actividades de Educación Física.

miércoles, 10 de junio de 2020

Mércores 10 de xuño

Bos días imos imos facer Lengua e Música.

LENGUA


  • Para primeiro: cuaderno de lengua páxina 24, 25 e 26

  • Para segundo: cuaderno de lengua páxina 30 e 31


MÚSICA
Para acceder as tarefas de música so tedes que pinchar neste enlace BLOGUE MÚSICA

martes, 9 de junio de 2020

Martes 9 de xuño

Bos días hoxe toca Naturais e Inglés.

NATURAIS



  1. Imos a ver uns vídeos sobre a reciclaxe tanto para primeiro como para segundo.






2. Facemos a tarefas:


  • Para primeiro: páxinas 78, 79 e 80

  • Para segundo: páxinas 84, 85 e 86



INGLÉS
Para poder facer as tarefas de Inglés xa sabedes, pinchade aquí BLOGUE INGLÉS





lunes, 8 de junio de 2020

NOTA IMPORTANTE

Bos días familias, como xa saberedes este mes rematan as clases por iso me gustaría informarvos de varias cousas:

* Esta será a última semana na que mandaremos tarefas a través do Bolgue, pensamos que tanto vós coma os vosos fillos xa fixestes un esforzo moi grande durante estes últimos e difíciles meses para todos. Por iso a partir do 12 de xuño deixaremos de publicar tarefas no Blogue.
A pesar de que non mande tarefas, recordade por favor, que a lectura é moi importante para eles e que non deben deixar de ler todos os días un pouquiño durante o verán.

* O día 16 de xuño, a partir das 10:30 poderedes pasar polo colexio a recoller o material dos vosos fillos. No voso caso, creo que xa todos levastes os libros, estoxos e libretas. Non sei se recollestes as carpetas que estaban nos pupitres ou calquer outro  material que puidese quedar na clase e que sexa voso. Por iso o que considere que ten que vir a recoller algunha cousa poderá facelo ese día.
Para que todo funcione correctamente recordade que temos que seguir unhas medidas de seguridade marcadas pola Consellería de Educación e Sanidade que paso a enumerar a continuación: 

  • Solo poderá acudir ao colexio un único adulto e en ningún caso pode facelo acompañado de menores.
  • Deberán traer mascarilla.
  • Esperarase na entrada do colexio ata que un mestre vos acompañe a clase a recoller o material e entrarase de un e un, esperando na entrada a que sexa o voso turno.
  • En caso de que haxa  máis dunha persoa esperando deberase gardar un mínimo de dous metros entre eles.
  • Unha vez recollido o material deberase abandonar as instalacións e non parar a falar con outras familias ou mestres.
* Recordarvos tamén que ese día podedes aproveitar para traer os libros ou películas que teñades da Biblioteca para poder devolvelos. Colocaremos unha mesa na entrada para que poidades deixalos alí.

Se por algún motivo non podedes acudir o día 16 poñédevos en contacto co centro e tentaremos solucionalo.


Un saúdo

Luns 8 de xuño

Bos días, xa estamos na última semana de traballo!! Así que ánimo que xa queda pouco!!
Hoxe imos facer matemáticas.


MATEMÁTICAS

Para primeiro:

  • Resolución problemas: Ficha 21
  • Numeración:  Ficha 30


Para segundo:

  • Resolución problemas: Ficha 22
  • Numeración:  Ficha 30

viernes, 5 de junio de 2020

Venres 5 de xuño

Bos días para rematar a semana imos facer matemáticas e plástica.  Boa fin de semana!!!Bicos!!!

MATEMÁTICAS

  • Para primeiro
               Numeración: ficha 29
               Cálculo y operaciones: Ficha 22 (el ejercicio 3 no se hace)





  • Para segundo
               Numeración: ficha 29
               Cálculo y operaciones: Ficha 27

PLÁSTICA
Coma sempre deixovos o enlace para poder ver os exercicios de plástica  PLÁSTICA


Outra cousiña importante, queríamos enseñarvos como creceron as landras que plantamos no noso viveiro do colexio, xa son uns carballiños pequenos!! Tamén proporvos unha actividade divertida para esta fin de semana, pinchade no seguinte enlace e poderedes descubrilo.  

LANDRAS

jueves, 4 de junio de 2020

Xoves 4 de xuño

Bos días hoxe imos facer Sociais e Educación Física.


SOCIAIS

Para primeiro:


  • Páxinas 90,91,92 e 93


Para segundo:


  • Páxinas 90,91,92 e 93


EDUCACIÓN FÍSICA
Pinchade aquí   BLOGUE E.F.  se queredes ver o que vos ten prepado a profe Lucía hoxe.




miércoles, 3 de junio de 2020

Mércores 3 de xuño

Bos días, antes de nada teño que comentarvos que onte, debido a un erro, a publicación das tarefas do martes, publicouse pero estaba no día 29 de maio, xa está correxido, e no Blogue podedes atopar as tarefas de onte no seu día, perdoade as molestias.

Hoxe imos facer Lengua/Lingua e Música.

PARA PRIMEIRO

  • Cuaderno de lengua, páginas 22 y 23
  • Libro de lingua, Tarefa 8 (Competencia comunicativa)



PARA SEGUNDO

  • Cuaderno de lengua, página 29
  • Juego Pasapalabra : para jugar al juego de pasapalabra teneis que pinchar en el dibujo y comenzar a jugar. Teneis que averiguar que palabra corresponde a cada letra y luego escribirlas en vuestra libreta, por orden alfabético.









MÚSICA
Para facer as tarefas de música so tedes que pinchar aquí  BLOGUE MÚSICA




martes, 2 de junio de 2020

Martes 2 de xuño

Bos días hoxe toca Naturais e Inglés.

NATURAIS

Para primeiro






  • Naturais: páxina 76 e 77
  • Lingua: Comprensión lectora Tarefa 18



Para segundo


  • Naturais: páxinas  80,81,82 e 83

INGLÉS
Para poder ver as tarefas de Inglés so tes que pinchar aquí    BLOGUE INGLÉS














Luns 1 de xuño

Bos días, que tal a fin de semana? Espero que ben. Hoxe comezamos o mes de Xuño e cada vez queda menos para as vacacións de verán, así que ánimo que xa queda menos!!!

Para comezar a semana imos facer Matemáticas, que vos parece? Déixovos uns vídeos para que vexades antes de facer os exercicios.

MATEMÁTICAS

Para primeiro






  • Medida:  Ficha 11
  • Resolución de problemas: Ficha 20




Para segundo 





  • Medida: Ficha 14
  • Resolución de problemas: Ficha 21











Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións ...