viernes, 24 de abril de 2020

Venres 24 de abril

Bos días hoxe imos repasar Sociais, acordádesvos que estivemos vendo o tema da auga? Pois que vos parece que se agora que tedes os libros na casa traballamos un pouco con el.

ACTIVIDADES PARA PRIMEIRO

Tema 5   O aire e a auga

  • Páxinas 40,41,42





ACTIVIDADES PARA SEGUNDO

Tema 5 A auga e as rochas

  • Ler as páxinas 72,74
  • Exercicios das páxinas 73, 75



jueves, 23 de abril de 2020

Xoves 23 de abril

Bos días, (perdoade a tardanza é que tivemos uns problemas técnicos) , hoxe día 23 de abril celebrase o Día do Libro e dende a Biblioteca nos propoñen unhas actividades moi divertidas.

Polo tanto hoxe non imos facer nin mate nin lingua, o que si tedes que facer e visitar o BLOGUE da BIBLIOTECA (creo que Chimpalibros vos deixou alí unha carta).
Tamén vos quería decir que os luns o xoves nos toca Educación Física polo tanto tamén tedes que visitar o BLOGUE de E.F. , e intentar facer os exercicios que vos propón a profe Lucía.
Resumindo, hoxe nos toca visitar outros BLOGUES do cole e facer o que nos din dende alí.
Déixovos aquí os enlaces de ditos Blogues, podedes entrar pinchando neles, pero na marxe dereita da páxina do cole podedes atopalos tamén.







miércoles, 22 de abril de 2020

Mércores 22 de abril

Bos días hoxe imos toca  matemáticas e música.


MATEMÁTICAS

ACTIVIDADES PARA 1º

  • Numeración: ficha 16
  • Cálculo: ficha 18
Adxunto unha táboa numérica por si a precisan



ACTIVIDADES PARA 2º


  • Numeración: ficha 21 (exercicios 1,2,4,5,6,)
  • Cálculo: ficha 21



NOTA: se algún xa ten feita esa ficha que faga a seguinte



MÚSICA

A partir de hoxe, todos o mércores a profe Sandra vai deixar algúnhas actividades para vos no  Blogue de Música, so tedes que pinchar neste  enlace   BLOGUE DE MÚSICA               ou ir a páxina do cole e na marxe dereita atoparedes todos os blogues incluídos o de música.




martes, 21 de abril de 2020

Martes 21 de abril

Bos días, como vos indiquei na nota anterior, irei poñendo as actividades diarias e hoxe toca traballar co libro de Lingua Galega e o caderno de Lengua Castellana ( solo 2º)


ACTIVIDADES PARA 1º


  • Comprensión lectora: Tarefa 15 "Entrevista a Elisa, unha momia aterradora"
  • Escritura: Tarefa 9
ACTIVIDADES PARA 2º



  • Competencia lectora: Tarefa 23 "Vive a noite máxica do San Xoán"
  • Facer unha páxina do caderno de Lengua Castellana ( tedes que perdoar que nos vos indique o número da páxina na que quedaron pois non dispoño do caderno na casa, que continuen na última que quedaron).

Se tedes calquera dúbida escribídeme ao correo profe.mar.fornelos@gmail.com e non vos olvidedes de ir enviando o que van facendo os nenos a este mesmo correo, non ten que ser o mesmo día, facedeo cando vos poidades.


Un saúdo e ánimo

lunes, 20 de abril de 2020

NOTA PARA AS FAMILIAS



Boas tardes, dadas as orientacións do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre nas que nos di que "durante dito trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso e reforzo e no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado" o que vos propoño a continuación é que ao longo deste trimestre sigamos traballando a través do BLOGUE e dos libros que supoño que xa recollestes no colexio.

 Cada día colgarei no BLOGUE os exercicios que teñan que facer ese día e ademáis seguirei colgando algunha ficha de reforzo para aqueles alumnos que queiran imprimilas e facelas. 

A partir de hoxe poderedes enviarme a este correo profe.mar.fornelos@gmail.com  as fichas que vaian facendo os vosos fillos/as para correxir, resolver dúbidas ou para manter un contacto entre nos e deste  modo pode ter un seguimento do alumnado, moi importante de cara a terceira avaliación.

Un saúdo e moito ánimo.

Luns 20 de abril

Bos días hoxe imos repasar as táboas de multiplicar.



Fichas para primeiro














Fichas para segundo







viernes, 17 de abril de 2020

OS ANIMAIS 

Bos días hoxe imos seguir estudando os animais, propóñovos que fagades estas fichas para repasar un pouquiño.







Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións ...