lunes, 20 de abril de 2020

NOTA PARA AS FAMILIAS



Boas tardes, dadas as orientacións do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre nas que nos di que "durante dito trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso e reforzo e no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado" o que vos propoño a continuación é que ao longo deste trimestre sigamos traballando a través do BLOGUE e dos libros que supoño que xa recollestes no colexio.

 Cada día colgarei no BLOGUE os exercicios que teñan que facer ese día e ademáis seguirei colgando algunha ficha de reforzo para aqueles alumnos que queiran imprimilas e facelas. 

A partir de hoxe poderedes enviarme a este correo profe.mar.fornelos@gmail.com  as fichas que vaian facendo os vosos fillos/as para correxir, resolver dúbidas ou para manter un contacto entre nos e deste  modo pode ter un seguimento do alumnado, moi importante de cara a terceira avaliación.

Un saúdo e moito ánimo.

1 comentario:

  1. Perfecto,seguiremos haciendo como hasta ahora añadiendo los libros. A ver qué sale de todo esto. Un saludo

    ResponderEliminar

Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións ...