Boas tardes, dadas as orientacións do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre nas que nos di que "durante dito trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso e reforzo e no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado" o que vos propoño a continuación é que ao longo deste trimestre sigamos traballando a través do BLOGUE e dos libros que supoño que xa recollestes no colexio.
Cada día colgarei no BLOGUE os exercicios que teñan que facer ese día e ademáis seguirei colgando algunha ficha de reforzo para aqueles alumnos que queiran imprimilas e facelas.
A partir de hoxe poderedes enviarme a este correo profe.mar.fornelos@gmail.com as fichas que vaian facendo os vosos fillos/as para correxir, resolver dúbidas ou para manter un contacto entre nos e deste modo pode ter un seguimento do alumnado, moi importante de cara a terceira avaliación.
Perfecto,seguiremos haciendo como hasta ahora añadiendo los libros. A ver qué sale de todo esto. Un saludo
ResponderEliminar