martes, 12 de mayo de 2020

Martes 12 de maio

Bos días, hoxe toca Lingua Galega e Inglés.

Se onte entrastes no Blogue de Dinamización da Lingua Galega mirariades que vos mandaron facer unhas tarefas. Pois ben, por se tedes algunha dúbida, o que tedes que facer ao longo desta semana e facer dous debuxo desas dúas páxinas que nos tocaron.
Das páxinas 6,7 tedes que facer un debuxo de dúas galiñas e das páxinas 8,9 un debuxo dun galo. Para facer os debuxos podedes utilizar as técnicas que queirades ( colorear con ceras, témpera, rotus.., pegar papel de cores, pegar plumas,...).
Cando teñades os dous debuxos tedes que enviarllo ao correo da profe Lucía, para iso tedes ata o 14 de maio. 
Ánimo, seguro que vos quedan un debuxos moi chulos!!!!


LINGUA GALEGA

Para primeiro:


  • Tarefa 17 (Comprensión lectora)
  • Tarefa 11 (Escritura) (A ficha para completar do exercicio 4 atópase na carpeta de plástico que está ao final do libro)
Para segundo:
  • Tarefa 25 (comprensión lectora) (A ficha de lectura está na carpeta de plástico que está ao final do libro)

lunes, 11 de mayo de 2020

Luns 11 de maio

Bos días hoxe tócanos Matemáticas e Educación Física.

MATEMÁTICAS

Para primeiro: 

  •  Ficha 26 (numeración) ,
  •  Ficha 18( resolución de problemas)    
  •  Ficha 12 (geometría y tratamiento de la información)
Para segundo:

  •  Ficha 26  (numeración)    
  •  Ficha 13 (geometría y tratamiento de la información, se non a teñen feita)
Como sempre se algún xa ten feita estas fichas (pois a algúns xa llas correxín, pero non a todos) que fagan a seguinte.


EDUCACIÓN FÍSICA
Aquí vos deixo o enlace para poder ver as actividades de E.F.

 BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA


Hoxe comeza a semana das Letras Galegas por iso teredes en entrar no blogue de Dinamización das Letras Galegas e ver que vos teñen prepardo para esta semana.

LETRAS GALEGAS


viernes, 8 de mayo de 2020

Venres 8 de maio

Bos días hoxe toca Sociais,  Plástica e seguir traballando un pouquiño as Letras Galegas.



SOCIAIS

  • Para primeiro: páxinas 44, 45, 46, 47

  •  Para segundo: páxinas 78, 79, 80, 81

PLÁSTICA
Para ver a tarefa que vos ten preparada a profe Ana so tedes que pinchar aquí  PLÁSTICA


LETRAS GALEGAS
Hoxe imos a seguir coñecendo un pouco máis da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero  e para iso dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, nos propoñen un "Escape Room" moi divertido. Ides atopar dous, o primeiro está pensado para a vosa idade pero se vos atrevedes eu creo que tamén podedes facer o outro, aínda que sexa para os máis maioires, vos sodes moooooi listos e tamén podedes.
Ánimo, xa me contaredes se vos gustaron.   


                                                    Pincha na imaxe para entrar          







BO FIN DE SEMANA,  BICOS.

jueves, 7 de mayo de 2020

Xoves 7 maio

Bos días hoxe imos facer Naturais, Lingua Galega (solo para primeiro) e Educación Física.


NATURAIS


  • Para primeiro: páxinas 58 e 59

  • Para segundo: páxinas 62, 63, 64, 65, 66  e  67

LINGUA GALEGA


  • Solo para primeiro: tarefa 10 (Escritura)

EDUCACIÓN FÍSICA
Para facer as tarefas que vos ten preparadas a profe Lucía tedes que entrar como sempre no blogue e para iso solo tedes que pinchar aquí  BLOGUE DE E.F.

miércoles, 6 de mayo de 2020

Mércores 6 de maio

Bos días, hoxe toca matemáticas e música.



MATEMÁTICAS

Para primeiro:  ficha 17    (Resolución de problemas)                        
                         ficha  19   (Cálculo y operaciones)


Para segundo:  ficha 19    (Resolución de problemas)                        
                         ficha  23   (Cálculo y operaciones)


NOTA: Non todos/as están nas mesmas páxinas, eu poño unha páxina de maneira orientativa, da igual que fagan a seguinte ou algunha que teñan pendiente, o importante e que sigan repasando e traballen un pouco cada día.


MÚSICA
Para facer as tarefas de música coma sempre tedes que pinchar no enlace   BLOGUE MÚSICA

martes, 5 de mayo de 2020

Martes 5 de maio

Bos días, hoxe toca Lengua Castellana e Inglés.



Cuaderno Lengua Castellana


  • Para primeiro  (página  16, 17, 18)

  • Para segundo (página 22 ,23 )

Inglés

Para poder facer as actividades de Inglés tedes que entrar no blogue coma sempre, aquí vos deixo o enlace.    BLOGUE INGLÉS


NOTA: Chimpalibros deixovos unha carta no blogue da Biblioteca, deixovos o enlace para que poidades leela.   BLOGUE DA BIBLIOTECA

lunes, 4 de mayo de 2020

Luns 4 de maio


Bos días como xa saberedes o 17 de maio celebramos día das Letras Galegas, este ano o homenaxeado é  Ricardo Carballo Calero.




Ao longo destas semanas iremos adicar algunhas sesións a coñecer quen foi Ricardo Carballo Calero e porque se lle adica este ano o día das Letras Galegas.

Para iso convídovos hoxe a visitar o Blogue de Dinamización da Lingua para poder coñecer un pouco da vida de Ricardo Carballo Calero.
Coma sempre so tedes que pinchar aquí BLOGUE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA



Ademáis hoxe temos Matemáticas e Educación Física.

MATEMÁTICAS

Primeiro

  • Ficha 17 (numeración)
Segundo
  • Ficha 22 (numeración)
(Coma sempre, se algún xa ten feita esa ficha que faga a seguinte)

EDUCACIÓN FÍSICA
Hoxe a profe Lucía ten preparados uns exercicios moi divertidos para vós. Para poder saber cales son so tedes que pinchar aquí  BLOGUE EDUCACIÓN FÍSICA

Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións ...