miércoles, 18 de marzo de 2020

Ola familias!!! Como os vai estes días de confinamento? Espero que ben.
Como creo que isto vai para largo decidín crear este Blogue para deixarvos unha serie de recomendacións para levar a cabo cos vosos fillos/as estes días (tanto de 1º como de 2º)

Lengua e Lingua
Para min o importante e que lean todos os días un pouco. O último día levaron un libro de lecturas comprensivas, poden ir lendo e facendo os exercicios.
Tamén podedes facerlle ditados, que escriban todos os días un pequeno resume do que fixeron o día anterior,..

Matemáticas
1º-   Podesdes poñerlle nunha libreta, sumas con e sen levadas, restas, e repasar a numeración ( do 1 ao 100)

2º-   Repaso de sumas e restas con e sen levadas, as táboas de multiplicar, numeración ( do 0 ao 1000).

Para os dous cursos: repasar as horas  e xogar coas moedas e billetes.


Isto son recomendacións, calquera cousa que se vos ocurra a vos seguro que tamén está ben.

Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto comigo a través do correo do colexio (ceip.doutor.suarez@edu.xunta.gal) ou a través deste Blogue.


Moito ánimo !!!  Vemonos pronto!!
Un bico e unha aperta moi forte para os vos e vosos cativos!

2 comentarios:

  1. Hola profe,soy Valeria. Nosotros estamos bien. Yo estoy haciendo el libro y los deberes que me pone mi madre. También hice el arcoiris,quiero más fichas por favor. Espero vernos pronto. Besitos 😘

    ResponderEliminar
  2. Ola Valeria, faime moitas ilusión falar contigo e saber que estades ben. Todos os días irei mandando algunhas fichas para que vaiades facendo, pero sobre todo lee moito. Un biquiño

    ResponderEliminar

Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións ...