viernes, 3 de abril de 2020

Bos días, hoxe é venres e como saberedes comezan as vacacións de Semana Santa, aínda que este ano sexan un pouco diferentes. A partir de hoxe e ata o martes 14 de abril non vos vou mandar tarefas. Espero que volta das vacacións todo isto acabe e poidamos vernos. Pero como sei que vos gusta moito traballar vouvos deixar unhas fichas de repaso por se queredes facer durante as vacacións.  Supoño que tamén estaredes  lendo e facendo as actividades do libro de comprensión lectora que levastes para casa o último día, non? Nos vos esquezades del.











ÁNIMO XA QUEDA MENOS


MATEMÁTICAS


Matemáticas para primeiro






Matemáticas  para segundo




































LENGUA

Comprensión lectora para primeiro







Comprensión lectora segundo





SOCIAIS

Propóñovos que estas vacacións fagades experimentos con auga para iso deixovos uns vídeos para que fagades os experimentos que máis vos guste.










NATURAIS

Como imos a seguir vendo os animais invertebrados para que así cando volvamos sexa todo máis fácil.



 E para rematar quero deixarvos o xogo do coronavirus, seguro que xa o coñecedes, pero como  quero volver a veros pronto me gustaría que lle fixésedes moito caso para rematar dunha vez por todas con este virus tan malo que nos ten separados e fai que non poidamos sair das nosas casas.
ÁNIMO, UN BICO MOI FORTE PARA TODOS/AS E BOAS VACACIÓNS.






2 comentarios:

  1. Felices vacaciones.me lo pasé muy bien haciendo los origamis,te mando una foto. Nos vemos pronto

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Valeria, acabo de ver os teus origamis e están xenial, eres unha artista. Eu tamén espero verte pronto. Agora a descansar estes días pois merécelo moito.
      Un biquiño

      Eliminar

Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións ...