miércoles, 20 de mayo de 2020

Mércores 20 de maio

Bos días, hoxe toca Lingua e Música.


LINGUA

Para primeiro:

  • Tarefa 12 (Escritura)
  • Tarefa 7 (competencia comunicativa)
Para segundo:
O libro de Lingua está remantado, non podemos facer as tarefas de comunicación oral, pois  non tendes as láminas e os audios, estaban pensadas para facer este último trimestre.
Sei que hai algúns alumnos que teñen tarefas pendentes de días que faltaron, poden ir facéndoas e enviándomas para que eu llas corrixa.
A partir de agora en Lingua Galega faremos exercicios de repaso na libreta e fichas.

  • Tarefas para hoxe:  como xa escoitastes o conto "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carbalho Calero, o que tendes que facer e contestar as seguintes preguntas:

  1. Que personaxes interveñen no conto?
  2. Onde pasaba o verán o neno?
  3. Que miraba o neno dende a fiestra?
  4. Que fixo cando empezou a chover?
  5. Como lle axudaron os seus familiares?
  6. Quen atrapou o galo?
  • As preguntas podedes copilas na libreta con bolígrafo (que sei que vos fai ilusión)  e as respostas con lápiz.
  • Se necesitades volver a escoitar o conto pinchade aquí  As pitas baixo a choiva 


MÚSICA
Para facer as actividades de Música so tedes que pinchar aquí  BLOGUE DE MÚSICA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 12 de xuño

Bos días,  hoxe é o último día que vou mandar tarefas a través do Blogue pois xa queda pouco para rematar as clases e comezar as vacacións ...